- A carreira está aberta a participantes federados e non federados e contará con tres categorías escolares e unha absoluta
- A proba repartirá premios aos mellores clasificados e aos mellores disfraces, tanto individuais como grupais
- As inscricións poden facerse ata o día de Nadal en carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
O Concello do Pino, a través do seu Departamento de Deportes e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e do Club Atletismo O Pino, organiza a II edición da Carreira San Silvestre do Pino, que se desenvolverá o sábado 27 de decembro de 2025, a partir das 17:00 horas. A proba, na que poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que naceran como mínimo no 2022, repartirá premios entre os atletas mellor clasificados e recoñecerá tamén os mellores disfraces, tanto individuais como grupais.
A proba, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, está aberta á participación de atletas federados e non federados _aos que se lles tramitará licenza de día_ e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces. A saída e a meta estarán situadas na Praza Forcarei.
A edición de 2025 estruturará as carreiras en varias categorías segundo a idade, con distancias adaptadas para garantir a participación segura de toda a cativada. Os horarios, as categorías e as distancias quedan establecidos do seguinte xeito:
- 17:00 h – Categoría Escolares 1 (nados 2020–2022): 165 metros
- 17:20 h – Categoría Escolares 2 (nados 2018–2019): 340 metros
- 17:40 h – Categoría Escolares 3 (nados 2015–2017): 1 km aprox.
- 18:05 h – Proba Absoluta (nados en 2014 e anteriores): 4 km aprox.
As inscricións deberán formalizarse a través das páxinas www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal ata o xoves 25 de decembro ás 23:59 horas. As categorías escolares serán gratuítas, mentres que a categoría adulta terá un custe de 5 euros. A organización recorda que non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o mesmo día da proba. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono municipal 981 511 002 (ext. 6 – Deportes).
No tocante aos premios, entregaranse trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas na categoría absoluta, así como medallas para todos os participantes das carreiras escolares. Haberá tamén galardóns aos mellores disfraces tanto individuais como grupais. Para poder optar a estes premios, as persoas disfrazadas terán que estar na liña de saída dez minutos antes do comezo da súa proba.
A entrega de premios está prevista para as 18.45 horas na Praza de Forcarei. Todos os atletas participantes nas distintas carreiras poderán desfrutar dun chocolate quentiño ao remate da proba.
As bases da proba poden consultarse na páxina web do Concello do Pino.

Otras noticias:
Desde la Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMCS) compartimos este reportaje elaborado por Froilán Varela, que pone en valor el patrimonio natural, cultural y religioso del municipio de […]
La delegada de la Xunta, Belén do Campo, y el alcalde de O Pino, Manuel Taboada, realizaron una visita para comprobar sobre el terreno la nueva instalación de papeleras, bancos […]
Más de 300 vecinos de O Pino se unieron a un homenaje a José María García Vázquez, más conocido como don José, por sus 65 años de servicio sacerdotal en […]




