Del 
4 septiembre
 al 
4 septiembre, 2021

O Pino recupera el Espectáculo Queiman Folki

El Bruxo Queiman levará o su espectáculo de luz, música y magia a la Prazo do Concello do Pino, o 4 de septiembre a las 22.00 horas.

El acceso al público es gratuito, pero deberá retirar entrada para controlar el aforo. El plazo para solicitar invitación remata el 3 de septiembre.

Nota de presnsa

Bruxo Queiman leva o seu espectáculo ‘Queiman Folki’ ata O Pino o 4 de setembro
·       Celebrarse na praza do Concello a partir das 22.00 horas

·       É necesario reservar entradas no departamento de Cultura

·       A actuación aprazouse o pasado 31 de xullo pola incidencia da covid-19

24-08-2021. O Pino. O Concello do Pino recupera o vindeiro 4 de setembro un dos espectáculos que se suspenderon o 31 de xullo debido a elevada incidencia da covid-19 no municipio. O primeiro sábado de setembro Bruxo Queiman ofrecerá o seu espectáculo de lume Queiman Folki na praza do Concello a partir das 22.00 horas.

O espectáculo, no que interveñen o Bruxo Queiman e as Bruxas Peregrinas, mestura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, e do folclore galego. Está enfocado á exaltación da terra, a súa gastronomía e as súas paisaxes.

A paixón, o sentimento e a forza escénica están presentes en Queiman Folki, no que se van alternando a música folk e celta coas danzas, a pirotecnia fría e moito lume. O público asistente participará tamén dun sorprendente ritual da queimada.

Acceso gratuíto previa reserva de entrada

A entrada ao espectáculo é gratuíta, pero é necesario reservar invitacións por motivos de aforo. As persoas interesadas, poderán reservar ata un máximo de seis entradas dende hoxe ata as 14.00 horas do venres 3 de setembro chamando ao teléfono 981 51 10 65 (de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas) ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal, no que terán que facer constar nome, DNI e número de teléfono. Todos os asistentes permanecerán sentados, en cadeiras individuais, que manterán entre elas unha separación de 1,5 metros.