Del 
20 diciembre
 al 
20 diciembre, 2025

O Pino celebra o sábado 20 de decembro a súa VI Festa de Nadal

  • Familias e cativada poderán gozar con obradoiros, música tradicional e chocolate con churros

 

O Concello do Pino celebra o sábado 20 de decembro a VI Festa de Nadal, coincidindo co comezo das vacacións escolares. A celebración, xa consolidada no calendario festivo do municipio, terá lugar na carpa instalada na Praza do Concello, onde familias e cativada poderán gozar dunha tarde chea de actividades.

A festa comezará ás 16:00 horas cun amplo abano de obradoiros creativos que se desenvolverán ata as 19.30 horas e no que as persoas participantes poderán elaborar bonecos e árbores de Nadal, ademais de bólas e coroas decorativas.

Como broche final, a partir das 19:30 horas, a agrupación Reviravolta de Lardeiros animará a tarde con panxoliñas e música tradicional. Durante a actuación, o Concello ofrecerá a todos os asistentes chocolate con churros que nos axudará a combater o frío.

O Concello do Pino convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada de convivencia, creatividade e celebración do espírito do Nadal.