Xacobeo e Turismo de Galicia, como presidencia da Federación Europea Do Camiño de Santiago, celebra os Días Europeos do Patrimonio.
Este ano as Rotas Culturais Europeas e o Camiño de Santiago é a temática central do programa.
Xacobeo e Turismo de Galicia organizan unha serie de visitas guiadas para dar a coñecer o patrimonio Xacobeo nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Tui e Santiago de Compostela.
Capacidade limitada – Inscricións no correo electrónico cultura.xacobeo@xunta.gal
(Nome, DNI, cidade e hora da visita)
Horarios:
Venres 27 de 17:30h a 19:00h
Sábado 28 de 11:30h a 13:00h e de 17:30h a 19:00h
Lugares de encontro:
A CORUÑA: Paseo Alcalde Francisco Vázquez n.º 2 (diante do Castelo de San Antón)
FERROL: Peirao de Curuxeiras
LUGO: Porta de San Pedro-Ronda da Muralla (diante de Porta de San Pedro)
OURENSE: Praza das Burgas (diante das Burgas)
TUI: Praza de San Fernando (diante da catedral de Santa María de Tui)
SANTIAGO DE COMPOSTELA: Rúa de San Domingos de Bonaval (diante da Igrexa de San Domingos de Bonaval)
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS | |
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia |
Finalidades do tratamento | Os datos persoais son recadados coa finalidade de realizar a xestión e inscrición dos participantes nas visitas guiadas en centros históricos. |
Lexitimación para o tratamento | O cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia). |
Destinatarios dos datos | Non se prevén comunicacións a terceiros, agás as entidades colaboradoras para a correcta prestación do servizo. |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional | https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos |